jueves, 26 de abril de 2018

TDAH e as dificultades de relacións cos compañeiros

A sintomatoloxía de inatención e hiperactividade inflúe negativamente na conduta social de nenos, nenas con TDAH. As deficiencias na comprensión de indicadores ou craves para o correcto desenvolvemento das interaccións sociais unidas á excesiva impulsividade que experimentan contribúen ao rexeitamento por parte do grupo de iguais. Entre un 50 e un 70 por cento de nenos, nenas con TDAH presentan dificultades na relación social cos seus compañeiros, e os problemas sociais incrementan o risco de sufrir alteracións emocionais e conductuais ao longo do seu ciclo vital.

"As investigacións futuras haberán de considerar máis variables capaces de influír na adaptación social dos nenos, nenas con TDAH, como os déficits na regulación emocional" detallan os especialistas.
Estas dificultades provocan situacións conflitivas, o que desencadea en rexeitamento social, principalmente dos seus iguais ( non contan co neno, nena en actividades grupais, é elixido o último ao facer grupos, et. ) e percepcións máis negativas dos adultos cos que se relaciona.


Algnhas das causas que provocan o rexeitamento das actividaeds dos seus compañeiros son :
  1. O exceso de actividade motriz, que interfire no desenvolvemento das actividades dos demais.
  2. A falta de inhibición lévalles a realizar comportamentos inadecuados, xeralmente esaxerados ou fóra de contexto.
  3. A falta de control motor confúndese con brusquidade.
  4.  Son valorados como incontrolables ou mesmo violentos debido á frecuencia con que teñen accidentes ou problemas.
  5. As súas emocións adoitan ser desaxustadas e extremas.
Todo isto ten como consecuencia que sexan considerados persoas torpes, agresivas, desafiantes, malos estudantes, incontrolables, mal educados, et.

Ademais
Son rexeitados polo seu grupo de iguais xa que non comprenden a súa forma de actuar nin que é algo involuntario e moi complicado de controlar para o neno TDAH.
Pode mesmo producirse un illamento voluntario por parte do neno, nena ao sentirse rexeitado polos compañeiros.
Poden desenvolverse niveis altos de baixa autoestima, pobre autoconcepto, tics, baixo estado de ánimo, et.

Os psicólogos consideran que as intervencións para nenos con TDAH e problemas nas habilidades sociais deberían orientarse cara o deseño de programas que promovesen o adestramento en diferentes compoñentes executivos ( inhibición, memoria de traballo, planificación, flexibilidade e atención) co fin de promover comportamentos socialmente desexables, a través de actividades de cognición social como:
- Ler craves sutís na interacción social
- Utilización axeitada do tempo e das pausas e da súa intensidade.
- Aprender a esperar a quenda
- Saber iniciar o tópico e mantelo
- Cando debe cambiarse o tema dunha conversa
- Ser capaz de recoñecer as expresións emocionais doutras persoas.

Así mesmo , os programas deseñados para incrementar a interacción social deberían contar coa participación do neno, nena en múltiples contextos co fin de xeneralizar comportamentos sociais máis adaptativos e involucrar a compañeiros, mestres, comunidade educativa e familiar.







enlaces relacionados
www.comunidad-tdah.com 
www.fundacioncadah.org
familia-padres-hijos/abci-tdah-ninos-



No hay comentarios:

Publicar un comentario