martes, 11 de octubre de 2016

A docencia compartida : estratexia para a inclusión

Moitos centros está a optar por non sacar aos alumnos de NEAE das aulas e que sexan os mestres de PT/AL ou un segundo docente que entre na aula para favorecer a participación nas dinámicas de aula.
Aclarar que a docencia compartida por si soa non propiciará situacións de inclusión real na aula, deben ir aparelladas doutras propostas de traballo.

modalidades docencia compartida

1. Titular e apoios repartense en  grupos (Desdobre de aula)
O segundo docente encárgase do grupo de menor nivel e propón un traballo paralelo ao que os demais alumnos, alumnas da aula están a facer. Xéranse categorías de alumnos na aula e difícilmente alcánzase o modelo de participación e cooperación do alumnado. 
2. Titular y PT/AL (apoio a grupos NEAE)
O alumno, alumna pode participar en determinadas propostas de actividade da aula co apoio deste segundo docente. Isto esixe un alto grao de coordinación.
O perigo desta modalidade de docencia compartida estriba en que a proposta de traballo adaptado do alumno, alumna sexa paralela e diferenciadadas do resto de aula.
3. Titular e Apoio auxiliar (descarga de traballo)
Neste modelo sendo maestro auxiliar ou PT/AL serva de apoio constante as dúbidas que poidan surdirlle a calquer alumno na aula.
Este modelo esixe que o traballo do mestre/a de PT/AL céntrese en propiciar as estratexias e adaptacións necesarias para que os alumnos participen na aula traballando o mesmo currículo que os seus compañeiros.
4. Complementariedade ( intercambio de roles)
Ambos mestres establecen periódicamente "o intercambio de roles".
Unha vez máis as tarefas de coordinación e traballo en equipo son esenciais para que o titular coñeza as vicisitudes das atencións específicas que requiren determinados alumnos, alumnas, e o mestre/a de apoio deberá coñecer aspectos concretos da materia.
Sería a primeira modalidade de apoio ao grupo non ao docente é o máis cercano ao concepto de inclusión nas aulas.
5. Traballo Colaborativo
No traballo colaborativo ambos docentes son responsables do grupo de alumnos e deben participar no mesmo grao nas tarefas de ensino-aprendizaxe que se programen. Esixe unha coordinación efectiva entre ambos docentes para a planificación da aula tanto a nivel curricular como organizativo. pueden abarcar todas as modalidades docentes anteriores, se así se fai necesario, aínda que sin facer distincións de xerarquías ou rangos.
Neste caso tamén temos o apoio ao grupo é non ao docente nin a ACNEAE. 

Entrada recollida do excelente blog de AntonioMárquez. siesporelmaestronuncaaprendo







No hay comentarios:

Publicar un comentario