domingo, 20 de noviembre de 2016

Inclusión o gran desafío en educación

artigo de José Blas García onde fai unha completa reflexión sobre a inclusión educativa



Prerrequisitos para facer  posible a escola inclusiva:


  1. Resituar a escola onde lle corresponde, como unha comunidade de      aprendizaxe ao servizo da propia comunidade.
  2. Reformular un currículo común, que sexa realmente común, é dicir, válido  para todo o alumnado.
  3. Programar o ensino para que todos poidan aprender-
  4. Fomentar a autonomía do alumnado: as estratexias de autoregulación da aprendizaxe.
  5. Organizar o traballo na aula de modo que os alumnos poidan aprender uns doutros.                                                                                                                                                                                                           Para unha boa xestión da diversidade e facer da inclusión unha visión irrenunciable, é preciso, elixir metodoloxías que aproveiten esa diversidade, que a achega diversa e rica sexa un potente recurso para que todos acheguen e todos aprendan.




Na imaxe, as organizacións de aula e as metodoloxías activas máis valoradas, pola maioría de autores  e mestres, como idóneas para facer unha realidade o soño da inclusión.
Ensinanza Compartida
Un aspecto esencial neste metodo é que os profesionais participan no ensino en condicións de paridade ou igualdade. Establécese durante un período de tempo concreto todos os días, ou certos días semana. Os profesores son corresponsables da actividade docente: programan, realizan e avalían conxuntamente.
Ensinanza Multinivel
As claves deste procedemento está na multiplicidad na formas de aprender (estilos de aprendizaxe), a desagregación de actividades en distintos niveis (de máis simple a máis complexo) e nas formas de avaliar (utilizando variedade de técnicas e instrumentos).
Métodos de aprendizaxe cooperativo
 O grupo cooperativo permite que a adquisición de coñecementos sexa compartida, froito da interacción e cooperación entre os membros do grupo, polo que resulta moi positivo para que o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo poida aprender e autorregular os seus procesos de aprendizaxe.
Aprendizaxe baseado en Proxectos
Esta forma de organizar a ensino-aprendizaxe implica asumir que os coñecementos escolares non se articulan para a súa comprensión dunha forma ríxida, en función dunhas referencias disciplinares preestablecidas e dunha homoxeneización dos individuos e da didáctica das disciplinas. 


publicado por bibliotecaescolardigital

No hay comentarios:

Publicar un comentario