lunes, 9 de octubre de 2017

Recursos educativos abertos TDAH

Desde o blog OrienTapas se propuso unha recopilación sobre TDAH  de maneira colaborativa, en tres categorías:
- Artigos e entradas para a reflexión.
- Recursos educativos abertos.
- Outras ligazóns relacionadas.


están recopilados en este SYMBALOO. Traballo feito pola Orientadora Isabel Ibarrola.





Medidas para unha favorecer unha educación de calidade para todos e todas


Facendo unha lectura do decreto de atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia . 
destaca entre principios para conseguir o éxito escolar de todo o alumnado. principios como a equidade, a inclusión e a non discriminación, a flexibilidade para adecuar a educación á diversidade de aptitudes, intereses, expectativas e necesidades do alumnado e adecuar as actuacións organizativas e curriculares.
"concíbese a atención educativa á diversidade como un conxunto de medidas e accións deseñadas coa finalidade de adecuar a resposta educativa ás diferentes características, potencialidades, ritmos  eestilos de aprendizaxe, motivacións e intereses e situacións sociais e culturais de todo o alumnado. estas medidas e accións implican a toda a comunidade educativa e deben concretarse en propostas curriculares e oragnizativas que contemplen a pluralidade" Decreto 229/2011 de 7 de diciembre.

Recollo un artigo de Coral Elizondo onde fala desas actuacións para favorecer a educación de calidade para todo o alumnado




Medidas curriculares
Obxectivo que todo o alumnado teña logros. Educación personalizada.

Medidas organizativas 
Todo o el alumnado está presente en el aula. Apoios dentro da aula.Grupos interactivos. Docencia compartida.

Medidas Metodolóxicas
Que permitan, logros e progresos de todo el alumnado e que sexan motivadoras.
Aprendizaxe Baseada en Proxectos
Aprendizaxe Baseada en Problemas 
Aprendizaxe Servizo 
Traballo por ambientes ou recunchos 
Aprendizaxe cooperativa 
Flipped classroom 
Cultura do Pensamento 
Pensamento computacional 
Realidade Aumentada ...

Medidas Sociais
Obxectivo emporedar a todo o alumnado. 
Crear entornos acogedores e seguros. 
Modelo de convivencia proactivo con valores inclusivos compartidos e visibles para toda a comunidade. 
Actuacións educativas de éxito que favorecen un bo clima de convivencia 
Maior participación de todo o alumnado, de toda a comunidade na vida do centro
Eliminar barreiras visibles e invisibles
Altas expectativas para todo o alumnado 
Educación emocional 
Escola aberta e participativa 

accede á entrada completa    medidas para la inclusión

jueves, 29 de junio de 2017

Razóns polas que buscar alternativas á repetición de curso

Nas avaliación finais aparece o tema da repetición, un tema controvertido. Recollo nesta entrada algunhas ideas que considero significativas sobre o tema 

O artigo de El PAÍS : "Repetir curso nin se mellora, nin se aprende máis". comenta ideas como : en España temos un número elevado de repetidores, é un dos lastres do sistema educativo. Alberto Arriazu, presidente da federación de directores de instituto Fedadi sinala: "Na educación nada é branco ou negro, pero a repetición non funciona a maioría das veces. Crese que os alumnos se van a esforzar máis, pero ao curso seguinte suspenden as mesmas materias ou máis, se desmotivan".
"Que os estudantes repitan é un fallo do sistema, non dos estudantes", destaca Andreas Schleicher, director de Educación da OCDE e principal impulsor do informe PISA. 
Aínda con coñecementos idénticos, aos 15 anos os fillos de familias con poucos recursos teñen unha posibilidade ata cinco veces maior de repetir anteriormente que aqueles con unha situación socioeconómica media-alta, segundo o último informe PISA
"A cuestión non é suplantar a repetición con promoción automática, senón dar aos alumnos os recursos que necesitan e aos profesores a confianza para que iso sexa posible", considera Schleicher.

Nesta infografía recollo parte do artigo do Politikon : "Cinco razóns para acabar coa repetición"




Ante estas razóns recollo da entrada "Repetir: volver a la casilla de salida"de José García Blas  varías formulacións de partida que sinala:
1.   A avaliación é un parte do proceso educativo. A visión de mellora debe ir dirixida ao conxunto do sistema, entón as medidas que se poñan en marcha deben ter un visión preventiva e proactiva.
2.   Colaboración Docente e Investigación. Non se trata de máis profesores para facer o mesmo, senón máis profesorado para facer unha organización diferente, desenvolver programas creativos e axustados a cada realidade,
3.   Repensar A Atención á Diversidade. Atender á diversidade implica moito máis que programar para uns poucos alumnos. É un feito constatado: cando se reducen as barreiras de todos, o resultado é o aumento da participación e logros xeneralizados.
4. Variar a idea de reforzo escolar e entender que os acompañamentos para aprender máis e mellor teñen fortes compoñentes emocionais nos que as familias  e a comunidade son axentes esenciais.
5.   Modificar elementos da cultura organizativa escolar como por exemplo a concepción da aprendizaxe: Como unha acumulación  de coñecementos. Como unha sucesión de informacións e destrezas que hai que adquirir de forma lineal. Como unha sucesión de capacidades e maduración que se van dando a mesma idade. 


ligazóns relacionadas
la no promoción de curso ¿un dilema que se repite cada año?

martes, 27 de junio de 2017

Entrevista a Coral Elizondo : Inclusión Educativa

Recollo algunhas das ideas propostas para a inclusión nos centros nesta entrevista Coral Elizondo.
"Para facer inclusión, na programación de aula, ten en conta a todo o alumnado para non facer adaptacións despois"
Cando falabamos de integración falabamos dun modelo baseado no déficit, no que o neno non sabe facer. Entón aparece o PT (pedagogo terapeuta), Non sabes facer isto na aula, sácoche. Ese era o modelo de integración de finais dos 80.
O modelo de inclusión é social, non temos que fixarnos no que o neno non pode facer. Fálase non de persoas discpacitadas senón de contextos discapacitantes.

Nun modelo inclusivo, equitativo o PT entra na aula.
"Pero non para sentar á beira do neno con dificultades senón, para entre os dous, dar unha resposta a todo o alumnado." Non me apoia a min como profesora, apoiamos entre os dous a todos os alumnos.


Tería que haber nos colexios un profesor de máis por cada tantas unidades, e ese profesor sería o apoio á inclusión, pero para todo o alumnado.
Falando dos centros preferentes ( TEA, Motóricos) o normal sería que os nenos pasasen a maioría do tempo na aula de referencia co seu titor, os seus amigos.

En prácticas inclusivas hai moita formación. Trabállase moito o ABP, o traballo cooperativo, aprendizaxe colaborativa.
Con respecto ao cambio na Metodoloxía Imos facer que traballen de forma colaborativa, a fomentar as interaccións dialógicas e a cambiar a cultura da avaliación. Permitamos que reflexionen. Que aprendiches hoxe? Como poderías mellorar?



Entrevista feita por Daniel Sánchez Caballero 25/05/2017  eldiariodelaeducacion.com

lunes, 5 de junio de 2017

APLICACIÓN INTERACTIVA CIBEREDUCA

É unha aplicación interactiva, en forma de xogo cooperativo, para a prevención do bullying e o ciberbullying, ademais de fomentar a igualdade de xénero a través dos personaxes que aparecen. Trátase dun programa psicoeducativo de intervención deseñado, aplicado e validado experimentalmente polo equipo de Maite Garaigordobil Landazabal (Facultade de Psicoloxía EHU/UPV). Podes acceder ao xogo e ampliar información no seguinte link: CYBEREDUCA 2.0



cybereduca

Si o alumno aprende a nota é o de menos

Dolores Neuss explica nesta entrevista cales son os retos que afronta o sistema educativo á hora de avanzar cara a un modelo de avaliación, que en vez de limitarse a cualificar, capacite aos estudantes.

Avaliar é moito máis que por unha nota ao final do trimestre.
A avaliación debería ter 3 elementos: detectar os problemas do alumno, entendelos e tomar decisións para axudarlle a mellorar. Se te fixas, ningún destes elementos é a nota".
Dicir se un alumno é competente cun 3,8 ou un 5,6 non ten ningunha coherencia, pero con catro niveles de logro, que ademais se corresponden cos niveis da rúbrica, pois tal vez ten máis. 
Pódese personalizar máis a aprendizaxe, facer titorías en que expresen como son, que necesitan os alumos e alumnas. 

 
                                                     
Existe a percepción errónea de que somos os profesores os que corriximos: levámonos os exames a casa para corrixir? Mentira! O que facemos é detectar problemas! Corrixir só pódeo facer quen se equivocou. Axudar ao alumno para corrixir é o gran reto. Hai escolas onde os alumnos fan os informes para os pais, dinlles que aprenderon, e a mestra despois repásao e di se está de acordo ou non.
Exames si, por que non? Serven para que o mesmo alumno e o profesorado comprobe que aprendeu, sempre que sexan preguntas onde se teñan que poñer en práctica competencias, aplicar o novo coñecemento... 
O exame debe ser coherente con isto, se é só memorístico non ten sentido.
E hai que facelos cando creeamos que os nenos están preparados, e non o día que toca.

Neus Sanmartí catedrática e profesora emérita do Departamento de Didáctica da Matemática e das Ciencias Experimentais da UAB.

Entrevista completa no eldiariodelaeducacion

Enlace relacionado: slideshare :evaluacion-del-aprendizaje

jueves, 25 de mayo de 2017

Avaliar é reflexionar sobre a aprendizaxe


na orde do 20 de abril do 2106 "Nas sesións de avaliación presididas pola titora levantará unha acta onde consten valoracións e conclusións sobre o nivel de rendemento do grupo e do alumnado e os acordos adoptados". 
orde 9 xullo do 2016  pola que se regula a avaliación e promoción en primaria.

A avaliación do rendemento académico dos estudantes tenderá cara á avaliación continua, entendida como ferramenta de corresponsabilidade educativa, e como un elemento do proceso de ensino-aprendizaxe que informa o estudante sobre o seu proceso de aprendizaxe. resolución da normativa de evaluación do rendemento académico 2011 Xunta de galicia.
Temos que ver a valoración do rendemento nun senso amplo que abarca a todos os elementos do proceso. E para a valoración do rendemento terase en conta sobre todo os progresos do alumno en relación si mesmo, non en relación con un nivel de coñecementos previamente establecido para o grupo.

A maioría dos mestres fan observacións durante a aprendizaxe de como responde o alumno, como interven na aula a diario, se aporta ideas interesantes, significativas, creativas, se mostra interese hacia  a aprendizaxe, esforzase por conseguir pequenos obxectivos, aplica os novos coñecementos, etc. 
Moitos destes items están recollidos nos criterios de avaliación, pero o certo e que seguimos dándolle moito máis importancia a o exame /control que fai en relación aos contidos estudiados.

Cando se fala de Avaliación Formativa (que ten un sentido orientador) falamos de: